«Charla con el escritor Xavier P. Docampo»

 
 
O noso centro tivo o gran pracer de contar o pasado 5 de marzo coa presenza do escritor galego Xavier P. Docampo, un dos máximos representantes da literatura infantil e xuvenil en lingua galega. Este home tremendamente polifacético, xa que ademais de ser escritor, foi mestre, actor e director de teatro, autor de guións para cine e televisión, director de diferentes programas de radio…; púxose diante dun grupo numeroso de alumnos de 2º de ESO que leran o seu libro O misterio das badaladas.
 

 
Nun primeiro momento faloulles da razón da existencia da literatura e de como sen esta tanto el como milleiros de persoas non serían capaces de vivir, xa que o home non só necesita de comida e de auga para sobrevivir, senón tamén de historias; foi xusto a partir dese instante cando todos os alumnos comezaron a participar nun gran debate sobre literatura sen que eles realmente se decatasen, converténdose así nun momento máxico, no que todos, sen excepción, querían aportar a súa opinión non só sobre o libro que leran, senón tamén sobre o que para eles significaba ler.
 
En definitiva, foi unha experiencia marabillosa que esperamos se volva a repetir noutro momento, a ser posible o ano que vén. Oxalá este soño se cumpra!

 {jcomments on}

ESO