«Conferencia da escritora Andrea Maceiras»

O pasado 20 de marzo visitou o noso centro a escritora, Andrea Maceiras Lafuente, para dar unha conferencia aos alumnos de 3º ESO sobre o seu libro Violeta Tamurana. O feito de ser tan nova, chamou rapidamente a atención dos nosos alumnos ao comprobar como unha rapaza de tan pouca idade xa se estaba labrando un futuro moi importante na nosa literatura galega.
 

Cunha gran timidez e proximidade conseguiu engancharnos dunha maneira extraordinaria a todos, posto que desvelou dun xeito moi sinxelo as claves da súa novela. Violeta Tamurana transmite valores tan importantes como o amor, a amizade e a valentía representados por medio dos personaxes de Pao e Alén; a maxia, tan característica da nosa cultura, a través de Nidia, Pel, O Gran Aleuto e as propias Tamuras, unhas flores de gran tamaño que teñen a capacidade de chorar e cantar como se dun ser humano se tratase. Ademais neste libro os alumnos puideron profundizar en temas tan importantes como a necesidade de preservar o medio ambiente, o valor do coñecemento e o importante que é respectar a todas as persoas independentemente da cor da súa pel.
 
 
 
Sen dúbida se trata dun deses libros altamente recomendable, que invita ao lector a reflexionar sobre como é o noso mundo e que podemos facer para melloralo.

 {jcomments on}

ESO