«Excursión a París. Curso 12/13»

 
Por cuarto ano consecutivo os alumnos de 4º ESO realizaron unha excursión de fin de curso a un país estranxeiro. Este ano, como o pasado, tiveron a gran oportunidade de visitar “a cidade da luz”, “a cidade do amor”, París. Para poder facer esta fantástica viaxe tanto os alumnos do curso pasado como o deste tiveron que traballar para recadar cartos, por medio da venda de lotaría, da flor de Pascua, doces, etc…Algúns dos nosos alumnos viaxaron por primeira vez fóra de España e subiron nun avión, aínda que a algúns lles dese un pouco de medo, sabían que ía ser unha experiencia única.

 
  

 
 
Paseamos por esta fermosa cidade, percorrendo as súas rúas, os seus xardíns como o de Luxemburgo e os das Tullerías; entramos no Museo do Louvre, onde puideron contemplar entre outros cadros “A Gioconda”, camiñamos polos Campos Elyseés ata chegar ao Arco do Triunfo; vimos a fantástica catedral de Nôtre Dame e as famosas vidreiras da Sainte Chapelle; contemplamos unha imaxe impresionante de París desde o último piso da Torre Eiffel; subimos un montón de escaleiras para poder entrar na Igrexa do Sacre Coeur e fixemos, entre moitas cousas máis, un marabilloso paseo en Bateau Mouche polo río Sena.
 
Foi unha aventura que non esquecerán xamais!

 

ESO