«Aí ven o Maio!!!»

Aí ven o Maio cheo de fiunchos, ovos, laranxas, pampullos e flores varias. Como xa é tradicional tódolos nenos/as de Educación Infantil e as aulas vermella e amarela de Educación Especial fixemos o noso Maio para cantarlle as coplas que tiñamos preparadas. Xuntámonos todos no ximnasio para engalanar o Maio e facer un primeiro ensaio.

 
 
 
 

   
   
    

 
Despois todos xuntos cantamos as nosas coplas no Salón de Actos :
 

 «Os de tres anos estamos aquí
cantandolle a este Maio
que é coma un xardin.

Cando comenzamos no Sagrado Corazón
éramos pequenos
agora xa medramos un montón.

Somos os de catro e imos cantar
que a primavera
imos festexar.

Estamos xa cansos de tanto chover
que cando o sol veña
medo nos vai ter.

Co Quixote celebramos
o Día do Libro deste ano,
todos vimos disfrazados
e polos muiños pasamos.

Rematamos este Maio
con Mila ó noso lado,
para o ano voltaremos
e outro Maio cantaremos.»

¡Grazas a tódalas familias pola vosa colaboración!

 {jcomments on}

Trabajos