• Inicio
  • entradas
  • «De visita ao Centro de Interpretación do PN Illas Atlánticas»

«De visita ao Centro de Interpretación do PN Illas Atlánticas»

 
Que ocultan as nosas augas? É a vida mariña tan importante nos nosos espazos protexidos? Como é protexida?

Ben, todas as respostas agóchanse nun lugar que debe a súa existencia a estes fins e o cal nos ensina a necesidade de conservalos, “O Centro de Interpretación das Illas Atlánticas”, localizado en Vigo.


Comezamos esta saída o día martes 13 de maio, e lonxe do significado que isto poida ter para una morea de supersticiosos, o autobús levounos sen problemas ata a entrada da edificación que se elevaba, orgullosa. 
 
Unha vez no interior, os ollos curiosos dos compañeiros paseaban a súa vista polo lugar, apreciando o seu contido e interrogando a este na procura de respostas. E logo de realizar diversas actividades en grupo, pasamos a ser testemuñas da exposición que exhibía.
 
Terminamos a nosa visita e, ó saír, infinidade de opinións e comentarios facían eco nas estreitas rúas da cidade.
 
 

Rematamos a nosa aprendizaxe cunha estancia dun curto período de tempo nun centro comercial cercano, dando por finalizada una experiencia máis, plena e interesante.

Elena Area Vito 3ºB /  Ainara Méndez Filgueira 3ºB
 

Ver + Imaxes

 

ESO