«Kokoleoko e os yembés»

O pasado mércores 4 de Xuño os nenos/as de 5º de Ed Infantil e a aula Amarela disfrutamos dunha sesión musical diferente.

Primeiro partimos da canción Kokoleoko, unha canción típica africana. Despois o profe Rubén tróuxonos un par de yembés e aprendemos como se facían, como soaban… estivemos moi atentos ás súas explicacións.

 
 

A continuación os nenos/as puideron experimentar por eles mesmos os distintos sons que producían os instrumentos e os distintos ritmos que producían.
 

  
 

Por último, xa nas aulas, os rapaces pintaron as caras con motivos africanos.

 

Educación Infantil