A tempestade

«No Pazo da Cultura: «A Tempestade»»

O pasado día 23 de outubro os alumnos de 3º ESO do noso colexio tiveron a grande sorte de poder asistir á representación teatral dunha das grandes obras de Shakespeare, «A tempestade», levada ao escenario pola «Compañía Voadora».

«A Tempestade» trata temas como a traizón, a vinganza e o amor; todos eles recorrentes nas obras de Shakespeare.
A tempestade

Esta obra deixou moi sorprendidos a todos os espectadores, posto que nela estivo moi presente a música e a danza, unha fabulosa combinación que neste caso tivo un tremendo éxito.

Ademais, nela produciuse a fusión das nosas linguas: galego e castelán.
 
En definitiva, asistir a esta representación foi todo un pracer; posto que ademais de pasalo ben, os alumnos puideron vivir a marabillosa experiencia de coñecer algo máis sobre un dos máis notables escritores de toda a historia da literatura.
 

   

ESO