«Coñecendo as aves do noso entorno»

Este sábado 22 de novembro, ás 10 horas da mañá un nutrido grupo de pequenos e adultos xuntáronse no colexio para disfrutar dunha xornada de observación e identificación de aves mariñas. O ornitólogo Victor Cabaleiro e o biólogo profesor do centro Rodrigo Fernández guiaron e explicaron a este grupo para coñecer as abundantes especies que se poden observar na ría de Pontevedra, sobre todo en marea baixa. 

Despois da observación visionouse un vídeo onde se exponía a grande variedade de aves que existen no concello de Pontevedra. O día respetounos e ao longo da mañá fóronse unindo cativos e maiores ata superar as corenta persoas. Esta é a terceira edición e xa estamos a pensar en una cuarta para o ano que ven, onde, coma sempre , estades todos/as convidados.

  

 
 

 

ESO