«Traballando no taller de Educación Especial»

Os alumnos e alumnas das aulas Verde e Azul comezamos o traballo nos obradoiros de manipulación e encuadernación no mes de setembro, á volta das vacacións de verán.
Comezamos ilusionados  elaborando novos productos que poderedes adquirir na Tenda de Nadal  que, coma cada ano, abre as súas portas o vindeiro martes 16 de decembro.  Nela exporemos  cadernos, xarróns, broches,  pulseiras, xabóns, fontes, bandexas, monedeiros, estoxos e camisetas, entre outros artigos.
 
Dende aquí queremos felicitarvos as Festas e agradecer a vosa colaboración.

Esperámosvos!!!


Aquí podedes ver un vídeo da elaboración dos artigos.



Trabajos