«Os máis cativos no laboratorio»

Ó longo deste curso 2014/15 os alumnos/as de Educación Infantil realizaron algunhas sesións no laboratorio do colexio. Neste ambiente, puideron descubrir como empregar os distintos instrumentos típicos nun laboratorio: microscopio, probetas, mostras… así como realizar distintos experimentos: presión da auga sobre distintos materias, propiedades refrectarias, mestura de distintos compoñentes, etc.

Neste maravilloso ambente estivemos acompañados polo profesor Fernando da E.S.O. que nos ensinou todo o anteriomente citado, ademáis de facernos a ciencia un pouco máis divertida. Moitas grazas profe Fernando!!

Para rematar aquí vos deixamos uns pequenos videos que demostran o asombroso da ciencia nesta idade:

Ciencias, Curso 14/15, Educación Infantil, Vídeos