Un ano máis charlamos con Andrea Maceira

Un ano máis a escritora Andrea Maceiras visitou o noso colexio para contar aos nosos rapaces de 3º e 4º de ESO algunhas das súas experiencias como literata. Os alumnos tiveron o pracer de escoitala contar unha fermosísima historia sobre como xorderon os personaxes dalgúns dos seus libros e o que significa para ela a literatura. «Violeta tamurana» e «Nubes de evolución» foron os libros lidos polos nosos alumnos, sobre os cales lles fixeron moitas preguntas. Finalmente, Andrea Maceiras asinou os libros e mesmo fixo debuxos relacionados coas súas historias.
 
Andrea Maceiras firman do libros

Alumnos de 3º ESO durante la charla con Andrea Maceiras
 

Alumnos de 4º ESO durante la charla con la escritora Andrea Maceiras

 

 {jcomments on}

3 ESO, 4 ESO, Actividad Cultural, Charla, Curso 14/15, ESO, Lengua Castellana/Gallega