Día Mundial da Auga 2015

 
 
O día 22 de Marzo celebramos o Día Mundial da Auga. En Educación Infantil, dialogamos sobre a importancia da auga na nosa vida, fixemos fincapé no bo uso deste recurso limitado e repasamos os comportamentos e actitudes cos que todos podemos colaborar.
 

Despois elaboramos unhas gotas de auga con cartulinas, pintura e cola. En cada gota escribimos unha mensaxe recordando a importancia deste recurso.
 

Por último, costruímos unha orixinal escultura realizada con botellas de prástico.
 
   
   
 

{jcomments on}

 

Actividad Cultural, Axenda21, Curso 14/15, Educación Infantil, Trabajos, Voz Natura