• Inicio
  • entradas
  • Un pequeño gesto que puede ayudar a muchos… Festival Solidario

Un pequeño gesto que puede ayudar a muchos… Festival Solidario

karamoja6

Dentro da formación integral que ofrecen os Colexios do Sagrado Corazón, queremos axudar aos alumnos a descubrir a realidade dos máis desfavorecidos e as diferenzas que existen no mundo. Dende hai tempo adicamos o tercer trimestre para recadar fondos destinados a un Proxecto Solidario e que sexan os propios alumnos os que participen.

Este ano, coma o pasado, seguiremos colaborando coa escola que as relixiosas do Sagrado Corazón teñen en Karamoja, Uganda. Trátase dunha rexión con grandes dificultades que ademais arrastra o problema da SIDA na poboación. Queremos aportar o noso gran de area, e por iso o vindeiro martes 21 de abril ás 17:30 h celebraremos un Festival Solidario coa participación de alumnos/as do centro.

Para asistir a este festival haberá que mercar unha entrada na portería do colexio a un prezo de 2 €. Tamén se poderá participar a través da chamada “fila 0” mercando a entrada pero sen asistir ao festival Venderanse as entradas ata completar o aforo.

 Podéis encontrar más información sobre la labor de las RSCJ y otras organizaciones en la región de Karamojaq en los siguientes enlaces:

Curso 14/15, Educación Especial, Educación Infantil, Educación Primaria, ESO, Pastoral, RSCJ