De Maios

«Ao chegar a primavera
plantamos as nosas flores
e con elas decoramos
a varanda do noso cole.
Aquí estamos os de 4
dos pequenos os medianos,
todo o día agatuñando
!AY QUE VER QUE TRABALLO!
Queremos medrar felices
sempre queremos xogar
e a este maio florido
moito nos gusta cantar.
Vivimos en letrilandia
cunha familia real
e fuximos dos xigantes 
que só fan que molestar.
Para o ano xa pasamos
a primeiro cos maiores,
Infantil xa rematamos
moito nel disfrutamos.»

 Este foi o Maio que cantamos este curso 2014-15. Moitas grazas a tódalas familias pol súa colaboración na recollida de fiuncho, ovos, flores variadas e pampullos.

 

 {jcomments on}
 

 

Actividad Cultural, Celebraciones, Curso 14/15, Educación Infantil