• Inicio
  • entradas
  • Decorando o corredor dos alumnos de 3 de Educación Infantil

Decorando o corredor dos alumnos de 3 de Educación Infantil


Este ano, os alumnos de da ESO A fixemos un PROXECTO de plástica cos rapaces de tres anos. Tivemos que realizar un gran mural para decorarlles a parede do corredor que hai preto das súas aulas. Asociamos grupos cooperativos de meniños de infantil con grupos cooperativos de 1º ESO para elaborar entre todos o mural. Os pequenos tiveron que elexir, finalmente, de entre os proxectos de cada grupo o que quixeron que se colgara na parede.
 
 

1º- Fixemos os grupos cooperativos e decidimos o boceto inicial de grupo para presentarllo aos meniños de tres anos e así, recoller máis ideas entre todos.

 2º- Presentamos os bocetos e consensuamos, cos rapaces de tres anos, ideas novas para realizar o proxecto en cartolina para terían que elexir un deles.

   
   
   
   
 

 3º- Xa co novo boceto, baseado nas ideas recollidas anteriormente, cada grupo comezamos o proxecto en cartolinas:

 

4º- Presentamos cada grupo, por fin, os Proxectos aos rapaces de tres anos e estes elexiron o traballo que máis lles gustou:
 

 

 5º – Entre TODOS elaboramos o Proxecto elexido con Goma Eva e cun tamaño de 4×1,4 metros:

E este é o INCRIBLE, ORIXINAL E FANTÁSTICO RESULTADO FINAL:

 

   
 
{jcomments on} 

1 ESO, Educación Infantil, Educación Plástica, ESO, Trabajos