Comunicación: AXUDAS LIBROS

libros

Onte e hoxe enviouse unha nota informativa as familias en relación coas xudas para a adquisición de libros para o vindeiro curso, e na que se facía as seguinte puntualizacións:

Existen 2 tipos de convocatorias.

  • AXUDAS DE LIBROS para alumnos de 1º, 2º, 4º, 6º de Educación Primaria, e 1º e 3º da ESO (Normativa: Orde do 22 de maio de 2015 – DOG do 1 de xuño). Estas axudas serán semellantes ás de anos anteriores onde se obtén un cheque libro co valor do mesmo para canxear na libraría.
  • FONDO SOLIDARIO, destinado aos alumnos de 3º e 5º de Educación Primaria e 2º e 4º da ESO (Normativa: Orde do 21 de maio de 2015 – DOG do 1 de xuño). Neste caso, non se obtén cheque, senón que se opta aos libros recollidos no centro do curso anterior, e que ten o seu propio procedemento especifico de tramitación cunha solicitude que se poderá recoller na portaría do Centro ou a través do modelo da propia convocatoria.

En ambo los dous casos é requisito indispensable A DEVOLUCIÓN DOS LIBROS ADQUIRIDOS CO CARGO AO CHEQUE DO CURSO ANTERIOR. (Exceptúase desta obriga ao alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria, alumnado de Educación Especial ou alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%).

PRAZOS:

  • CONVOCATORIA AXUDAS LIBROS:
    • Educación Primaria e Educación Especial: ata o 2 de xullo.
    • Educación Secundaria Obrigatoria: Prazo ordinario – do 25 de xuño ao 27 de xullo.
    • Educación Secundaria Obrigatoria: Prazo extraordinario – do 2 de setembro ao 2 de outubro.
  • FONDO SOLIDARIO:
    • 2 ao 30 de xuño de 2015 segundo modelo normalizado reflectido na convocatoria.


6 Ed.Primaria, Avisos