«Sembrando Estrelas e Operación Quilo»

Como todos os anos, a Pastoral do Colexio impulsou dúas actividades solidarias tanto dentro como fóra do centro. Unha foi a Operación Quilo; os alumnos de 4º da ESO levaron adiante esta recollida que tivo como destinatarios o comedor de Pontevedra en San Francisco e o comedor da Marín. Agradecemos o traballo ilusionado e solidario dos nosos alumnos da ESO; de seguro que será ben agradecido.
Por outra banda, xa de forma externa, nenos de todas as etapas participaron no programa de Sembradores de Estrellas cun acto na Igrexa da Peregrina onde cantaron panxoliñas dirixidas pola profesora Iria e tamén percorreron e visitaron ás rúas de Pontevedra e a residencia dos máis maiores.
Con todo isto o Equipo de Pastoral do Colexio Sagrado Corazón de Placeres deséxavos unhas boas festas e un feliz 2016. Velaí algunhas imaxes das actividades:

 

6 Ed.Primaria