«Proxecto Europa ¡¡Chegou o día!!»

Despois dunha intensa semana de traballo en 6º de Educación Primaria, dedicado á Europa física, non só a saber onde están as unidades de relevo máis importantes como son os ríos, as montañas, as paisaxes e os climas, senón tamén á aprendizaxe de vocabulario novo e o seu significado…chegou o día da exposición. E que nervios iniciais!!!

Ás 10 da mañá reunímonos as dúas clases para compartir e expoñer os proxectos. 

Foron uns traballos moi interesantes onde é visible a implicación e ilusión dos nenos; como tamén o foi a axuda que dende casa se fixo á hora de reunir tanto material. Que barbaridade!!! Sóubonos a pouco. Mañá seguiremos vendo e avaliando os proxectos entre todos e o luns  faremos unha pequena proba individual onde demostraredes que este traballo e esforzo paga a pena. Estamos orgullosos de vós! A seguir así…

 

 

 

 
 
Os vosos titores!!
 
{jcomments on}

6 Ed.Primaria