Exposición de proxectos sobre España

Tras 13 días preparando o proxecto sobre España, esta semana tocou expoñer. A pesar dos nervos, hoxe todos sabemos máis de xeografía, de climas, de linguas do Estado, de acentuación, de obras literarias, de prefixos … pero tamén imos mellorando no traballo en grupo, na expresión escrita e oral, na exposición en público, na cooperación, no respecto, nos esforzos compartidos ou na elaboración de diarios de aprendizaxe. Cada proxecto vai deixando en cada un de nós diferentes aprendizaxes que levaremos para o futuro.
 

 
 
 
 
 
 
 
 

6 Ed.Primaria, Ciencias Sociales, Curso 16/17, Educación Primaria, Trabajos