Gozando coa Litetratura: Ledicia Costas

 

A escritora Ledicia Costas visitou onte o noso colexio para falarlles aos alumnos de 2º e 3º ESO dos libros: «O corazón de Xúpiter» e «Unha estrela no vento».

Nacida en Vigo e avogada de profesión, a súa paixón é dende moi pequena a literatura. Forma parte de distintas asociacións e publicacións do sector e colabora en numerosas obras colectivas, así como no proceso creativo de varios documentais.

Ademais das obras das que nos veu falar, é autora doutras como: «Recinto Gris», «Un animal chamado néboa», «Escarlatina, a cociñeira defunta» e «Esmeraldina, a pequena defunta».

Entre os premios logrados pola súa obra literaria destacan: O «Premio Merlín de Literatura Infantil» e o «Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil».

A súa charla comezou cun vídeo, onde se reflictía a dor que sufriu unha rapaza por causa das novas tecnoloxías e explicaba as consecuencias que o seu mal uso pode provocar. A continuación, falou das claves dos seus libros e contestou ás preguntas formuladas polos alumnos. Finalmente, firmou os exemplares de «O Corazón de Xúpiter» e de «Unha estrela no vento».

  


 
 

2 ESO, 3 ESO, Actividad Cultural, Charla, Curso 16/17, ESO, Lengua Castellana/Gallega