Celebración do Día das Letras Galegas 2017

Con motivo do «Día das Letras Galegas» o pasado 16 de maio leváronse a cabo no colexio distintas actividades, entre elas cabe salientar: 

 

 

  • O proxecto «O río das palabras». Este consistiu en que cada alumno de Infantil, de Primaria e da ESO, escribise nunha cartolina a súa palabra favorita e a decorase, de tal xeito que unhas catrocentas palabras en galego foron navegando polos corredores do noso centro.
  • A posta en común da obra de Carlos Casares, autor ao que se lle adicou este ano o «Día das Letras Galegas».
  • O proxecto «Coñece a nosa cultura». Con este proxecto se pretendía que os nosos alumnos coñecesen un pouco máis cales eran os traxes tradicionais galegos e para iso un grupo de alumnos foron polas aulas dos distintos ciclos vestidos con diferentes tipos de traxes e explicando aos demais as partes dos nosos traxes rexionais, os seus complementos, que tipo de teas se empregaban e en que ocasións se utilizaba cada traxe.

  • O acto conmemorativo deste día tan especial. Durante esta celebración proxectouse un Power Point coa  vida e obra de «Carlos Casares», léronse varios textos poéticos, visionamos un vídeo que reflictía a nosa responsabilidade na conservación do galego, varias alumnas tocaron a pandeireta, escoitamos unha fermosísima canción de Carlos Núñez e rematamos cantando o himno galego.

 

  •  

       

     

     

     

1 Ed.Primaria, 1 ESO, 2 Ed.Primaria, 2 ESO, 3 Ed.Primaria, 3 ESO, 4 Ed.Primaria, 4 ESO, 5 Ed.Primaria, 6 Ed.Primaria, Celebraciones, Curso 16/17, Educación Especial, Educación Infantil, Educación Primaria, Lengua Castellana/Gallega