Samaín, Halloween, Concurso de Cabazas e Magosto

Esta semana pasada estivo chea de celebracións e festas. ?? 

Primeiro coas profes de inglés traballamos o» trick or treat»(Truco o trato) e a famosa festa de Halloween e os compañeiros de 4º de primaria disfrazados viñan pedindo lambonadas ás clases de 3º de Primaria.??? 

Despois na clase de galego tamén aprendimos unha  chea de palabras e curiosidades relacionadas con este tempo de Samaín, o día de Difuntos ,día de todos os Santos….????????? 

Como xa sabedes houbo o consurso de cabazas decoradas e sen decorar, e non o vades crer!dous dos premios das cabazas sen decorar foron para Terceiro de Primaria! Os afortunados foron Anxo Castieñeiras de 3º A e Lara Carro 3º B e un premio das decoradas para Darío Campos, tamén de 3º B

??Noraboa rapaces!

 Como  broche final tivemos o Magosto. Aínda que parecía que ía chover o tempo portouse ben  e poidemos comer moitas castañas e beber refrescos.Para rematar fixemos xogos no patio e disfrutamos dunha xornada estupenda.???????????? 

Moitas grazas á Asociación de  Nais e Pais  pola súa colaboración,sin eles non sería posible.?

 Aquí deixamos unhas fotiños que esperamos que vos gusten.? e tamén unha curta reportaxe da televisión de Galicia que veu ao noso cole a gravar!

  

 

  

  

 

 

 

 

Ver galería de Imaxes da Exposición de Cabazas

 

  

  

 

  

   

 Ver galería de Imaxes Magosto 2017

Celebraciones, Curso 17/18, Educación Especial, Educación Infantil, Educación Primaria, ESO