Letras Galegas 2018

Como non podía ser doutra maneira, desde o colexio, fixémola protagonista durante toda esta semana e realizamos diferentes actividades para celebrar este día tan especial.

Traballamos a vida e obra desta escritora, da cal algúns alumnos de Primaria e de 1º e 2º ESO leron o seu libro: «Leonardo e os fontaneiros». Ditos alumnos tiveron o privilexio de asistir o luns no colexio á adaptación teatral desta obra, representada polo grupo «Ubú teatro».

O martes, alumnos de 4º de Primaria escoitaron as lendas relacionadas coa auga por parte de alumnos de 4º ESO.

Decoramos os corredores do colexio cos slogans elaborados por alumnos de ESO (podedes ver algúns deles no Blog do Departamento de Lingua Galega) e con palabras elixidas e feitas por alumnos de Educación Infantil e Primaria.

E por último, o mércores, fixemos o acto no salón, onde todos puideron ver un Power Point coa vida e obra de María Victoria Moreno, escoitar algúns dos seus poemas, deleitarse coa música da gaita tocada por  Ana  Torres González (1º ESO)  e Ignacio Meijón Santiago (4º ESO). E por último, entregamos os premios aos gañadores do concurso de «Slogans» en defensa e promoción da lingua galega. Sendo os agraciados: Almudena Álvarez Gutiérrez (2º ESO A) co seu slogan «Constrúe en galego» e Ana Karen Freire Núñez e Jorge Lagos Fernández (4º ESO B) co seu slogan «Si aos bicos en lingua galega».

Fotos de alumnos traballando María Victoria Moreno.

Fotos da representación teatral de «Leonardo e os fontaneiros».

Fotos exposición das lendas por parte de alumnos de 4º ESO a rapaces de 4º Primaria.

Fotos do acto e dos «Slogans gañadores».

1 Ed.Primaria, 1 ESO, 2 Ed.Primaria, 2 ESO, 3 Ed.Primaria, 3 ESO, 4 Ed.Primaria, 4 ESO, 5 Ed.Primaria, 6 Ed.Primaria, Celebraciones, Curso 17/18, Educación Especial, Educación Infantil, Educación Primaria, Lengua Castellana/Gallega