Proxecto Mitos e Lendas

Ao longo de todo o curso os alumnos de 4º ESO estiveron facendo un proxecto relacionado coa literatura popular e vinculado ao proxecto de centro deste ano «Escoita o corazón da nosa ría».

Durante o primeiro trimestre tiveron que buscar información sobre as lendas e os mitos galegos relacionados coa auga, presentalos por escrito nese trimestre, expoñelos de maneira oral aos seus compañeiros de clase no segundo trimestre, e por último, contar algunhas das lendas máis chamativas ou sorprendentes a alumnos de 4º de Primaria. 

Nas seguintes fotos podedes ver a algúns alumnos de 4º ESO expoñendo oralmente lendas relacionadas coa auga a alumnos de primaria.

4 ESO, Curso 17/18, ESO, Lengua Castellana/Gallega