• Inicio
  • entradas
  • Charla sobre «»A Arte da Palabra Na Cultura Hip-Hop»

Charla sobre «»A Arte da Palabra Na Cultura Hip-Hop»

Onte os alumnos de 3º ESO puideron gozar dun obradoiro que lles permitiu achegarse á «cultura hip hop», así como iniciarse e afondar no ámbito do rap.

Primeiro, recibiron unha charla que lles permitiu coñecer cales son as orixes desta cultura e posteriormente, traballaron por grupos na elaboración e interpretación das letras creadas por eles mesmos.

Con este obradoiro pretendíase: potenciar o uso da lingua galega por medio do rap, transmitir a comunicación a través da arte da palabra rítmica, activar os alumnos a nivel artístico e cultural  e coñecer a cultura hip hop desde unha perspectiva de desenvolvemento. Aquí podemos ver unha mostra do ben que o pasaron e o moito que aprenderon.

Charla, Curso 18/19, Lengua Castellana/Gallega