Tempo de Cabazas


Esta semana, máis curta do habitual, celebramos no colexio o Samaín cun concurso – exposición de cabazas decoradas e naturais organizado polo Equipo de Normalización Lingüística.

As aulas de cores non podiamos faltar a cita e ata o salón de visitas nos achegamos para disfrutar de marabillosos exemplares.

Nas aulas traballamos co vocabulario propio desta tempada, completamos fichas e realizamos actividades apoiados co ordenador na aula de informática.

 BICOITO DE CABAZA E LARANXA

En Transición á Vida Adulta (TVA) cociñamos biscoito de cabaza e laranxa e cóctel de bruxas. Deixámosvos as recetas e unhas fotos que resumen o proceso.

Ingredentes

  • 120 g cabaza
  • 90 g azucre
  • 160 g fariña
  • 7 g levadura en pó
  • 2 ovos
  • 50 ml zume de laranxa
  • 70 ml aceite xirasol

Preparación

  • Cortamos en pedazos a cabaza e cocémola uns 15 minutos. 
  • Escurrímola ben e mezclámola co azucre.
  • Batemos os ovos  e incorporámolos á mistura. 
  • Facemos o zume de laranxa, relamos outra laranxa e engadímolo xunto co aceite.
  • Tamizamos a fariña e a levadura e mezclamos todo moi ben.  
  • Vertemos nun molde e espolvoreamos con azucre.
  • Metemos no forno xa quente 25-30 minutos a 180º.

CÓCTEL DAS BRUXAS

Precisamos

  • 3 kiwis
  • 6 follas de menta
  • 75 g azucre
  • 375 ml de auga

Elaboración

  • Poñemos nun cazo 75 ml de auga co azucre e esperamos ata que ferva, removendo de cando en vez. deixamos arrefriar.
  • Pelamos e cortamos en pedazos os kiwis.
  • Poñemos no vaso da batidora a menta, os kiwis e o almíbar atemperado. Trituramos.
  • Vertermos nunha xarra e engadimos 250 ml de auga.
  • Podemos engadirlle xeo ou metelo na naveira.

Celebraciones, Curso 19/20, Educación Especial